Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

As orixes do Samaín

isolina lorenzo fernández

FIRMAS

É unha festa celta que se celebra en todo o mundo

25 oct 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O Samaín é unha das festividades de orixe celta máis importantes do período pagán que dominou Europa hasta a conversión o cristianismo. Nesta festividade celebrábase o final da tempada de colleitas dos celtas e o ano novo, que sería ó anoitecer do día 31 de outubro, xa que coa posta do sol arrincaba un novo día na cultura celta. Os celtas dividían o ano en dúas metades: a luminosa e a escura; o inverno e o verán. samhain é traducido por novembro en gaélico ou «fin do verán», e celébrase dende hai máis de tres mil anos polos celtas que poboaron Europa.

O Samaín era un momento no que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o dos mortos estaban máis preto, podían comunicarse e visitar os seus antigos fogares. O costume era deixar comida e doces fóra das casas e acender candeas para axudar as almas dos mortos a atopar o camiño ó mundo espiritual ou Mundo Inferior, rexido por Gwynn ap Nudd. Tamén se deixaban cadeiras baleiras dentro das casas lembrando os familiares falecidos recentemente.

Época de introspección

Para os celtas o inverno era unha época de introspección, e todo o que se recollera antes da festividade era para Cailleach, unha deusa con aspecto de vella, que se asemellaría a unha bruxa cun caldeiro. Ó ser unha sociedade agrícola, aproveitaban o inverno para prepararse para a futura primavera. Recollíanse alimentos polas casas para ofrecérllelas ós seus deuses e facían rituais (nos que supostamente se incluían sacrificios humanos) onde preparaban un gran nabo oco, no que metían carbóns dentro, que representaba o espírito que crían que lles outorgaba o poder, que os protexía dos malos espíritos, e que lles iluminaba o camiño de regreso ós seus familiares defuntos.

Sábese que a celebración do Samaín era entre o 5 e o 7 de novembro (entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno), cunha serie de celebracións que duraban unha semana, finalizando coa festa dos espíritos que daba lugar ó novo ano.

O Papa Bonifacio IV, no 615, transformou un templo cristián dedicándoo ó Día de todos os Santos. Esta festa celebrábase inicialmente o 13 de maio, pero o Papa Gregorio III, no 741, cambiou a data ó 1 de novembro, que era o día da dedicación da capela do mesmo nome na Basílica de San Pedro en Roma. Sen embargo, foi o Papa Gregorio IV o que no 840 ordenou que a festa se celebrase universalmente e se venerase os devanceiros.

Vixilia inglesa

Esta celebración tamén tivo unha vixilia o día anterior á festa de Todos os Santos que, dentro da cultura inglesa, se traduciu como «all hallow´s eve ou» (vixilia de todos os santos). O paso do tempo fixo que a súa pronunciación fose cambiando a «all hallowed een», para rematar como Halloween.

A mediados do século XVIII, os emigrantes irlandeses empezan a chegar a Norteamérica, levando consigo a súa cultura, o seu folclore, tradicións?

A pesar de todo isto, os irlandeses, entre outros pobos de orixe celta, seguiron celebrando a tradición festiva da noite do Samaín, o 31 de outubro, desde o ano 100 despois de Cristo.

O Samaín é unha tradición de ida e volta, pois hoxe celébrase en todo o mundo: en Norteamérica coñécese co nome do Día dos Mortos, en Europa igual, pero coas variantes do Halloween; en Asia chámase Festival de Obon, en Sudamérica, Kawsasqanchis, e en África, Baile dos Egungun. A festividade das ánimas de orixe celta viaxou a América polas sucesivas diásporas europeas e hoxe en día retorna ó vello continente envolta en consumo, películas, disfraces, historias de medo, etcétera.

Festa do Samaín nun colexio galego FOTo MARCOS MÍGUEZ