«Mentras non desaparezan as deputacións hai que traballar no sistema»

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ OURENSE / LA VOZ

FIRMAS

Iglesias tomará o relevo de Xardón na Deputación.
Iglesias tomará o relevo de Xardón na Deputación. santi m. amil< / span>

15 jul 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Xaime Óscar Iglesias (Baños de Molgas, 1979) relevará ao alcalde de Vilar de Santos, Jardón Pedras, na corporación provincial de Ourense. É concelleiro no seu pobo.

-¿Cantos anos leva na corporación de Baños de Molgas?

-Seis, repartidos en tres mandatos. Entrei substituíndo a un compañeiro, repetín nos catro anos seguintes e no que vai deste mandato.

-¿Como asume a nova responsabilidade?

-Con orgullo e satisfacción. Ourense está á cola de Galicia e todo o que se poda facer para saír desa situación será bo.

-O BNG rexeita as deputacións ¿como vive esa contradición?

-Non hai tal. Nós sempre as definimos como organismos do pasado que quedaron desfasados no tempo. Rexeitamos as deputacións e reivindicamos a súa desaparición, e mentres iso non ocorra hai que traballar dende o sistema.

-¿Que obxectivos se marca para esta nova etapa política?

-A miña meta é darlle continuidade ao excelente traballo que desenvolveu ata o de agora o compañeiro Jardón e defender todas aquelas iniciativas que o partido estime oportuno.

-¿No caso de Baños de Molgas como se vive o proceso do BNG?

-Nós somos tres concelleiros na corporación, de nove, e non houbo ningún problema nin discrepancias. Tampouco se rexistraron baixas de militancia ou na xente que te axuda ou traballa como simpatizante. No noso caso non hai diferenzas, o que buscamos é o mellor para os veciños.

xaime óscar iglesias próximo deputado do BNG