Cando un é multitude

roberto taboada

NARÓN

<span lang= gl >Riki López, el viernes durante su actuación en el Pazo da Cultura</span>
Riki López, el viernes durante su actuación en el Pazo da Cultura .< / span> ángel manso

O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolleu a primeira edición de Singular

25 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A fins da década dos noventa irrompía na televisión un programa de entretemento ?El Club de la Comedia- presentado polo galego Javier Veiga, baseado na fórmula do stand up comedy (comedia en pé, xa que se permanecía nesta postura durante a execución da súa intervención), de orixe nos Estados Unidos no século XIX, bebe nas fontes do vodevile e na figura do mestre de cerimonias, que introducía os números artísticos cun breve monólogo de carácter humorístico.

A radio popularizou estas intervencións, pero foi coa aparición da televisión, onde alcanza a súa máxima popularidade e fai de catapulta, ao éxito, da carreira de moitos actores e de algunha actriz.

O formato e desenvolvemento do programa era ben sinxelo:

No escenario dun teatro un micro de pé (simulado), unha banqueta alta, un/unha comediante e ao fondo unha banda de música.

Tres ou catro participantes por sesión, unha intervención duns dez minutos, textos inspirados no ordinario, fiados con axilidade e humor de fácil dixestión.

Memorable o primeiro monólogo de Luis Piedrahita sobre as caixas de galletas.

En España, no momento actual, o formato estendese coma o chapapote; os programas multiplícanse ao igual que o número de comediantes cunha moi desigual simpatía.

O fenómeno logra unha grande popularidade; acadando un nutrido grupo de incondicionais, que seguen os distintos programas da televisión e acoden en tropel ás representacións en vivo en bares, teatros e auditorios, das novas estrelas.

Este mes de abril o Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolleu a primeira edición de Singular ?festival do monólogo teatral- que nace coa intención de poñer en valor as pezas unipersoais, mesturando as propostas máis escénicas coas máis próximas ao stand up comedy, na procura dun tránsito de públicos entre as dúas formas.

Desta vez foron catro as citas: A nova versión do ?Monólogo do Imbécil? de Jose Prieto, interpretada polo mediático Touriñan (que fixo dúas datas, enchendo en ambas as butacas do Pazo), ?Arte de las putas, una historia de amor?, ?Contar? e ?Me tengo Contento? de Riki López ? un bo coñecido da afección naronesa-, pechando o ciclo o pasado venres.

Riki López é un cantautor cómico das Illas Baleares.

Estrutura o seu espectáculo coma se dun concerto se tratara, aínda que soamente é capaz de presentar media ducia de temas, xa que entre eles fai unha extensa e brillante presentación, fiada polas tribulacións cómicas -ás veces o humor é algo zafado- que lle acontecen a súa personaxe, un solitario cantautor con mal de amores.

As letras das cancións están dedicadas ao desamor, a súa nai ou a mesma AENA, sempre nun ton de profundo humor e destino pesimista.

O cómico ten unha interpretación natural, desenvolvese con axilidade na interpelación ao público e consigue que a risa sexa continua na hora xenerosa do espectáculo. Un grato colofón a Singular.

Ao festival quédalle moita andaina: espertar o interese do público do entrenemento masmedia polo unipersoal teatral, afondar na diversidade dos soliloquios e por riba de todo, repetir a iniciativa que crea o contexto necesario; onde Un fai gozar a unha multitude.