Denuncia que a oposición realizou unha «aportación destructiva» co fin de paralizar os proxectos do goberno
18 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Benjamín Modesto Rodríguez Abad (Arzúa, 1964) preséntase de novo á Alcaldía de Monfero -tras catro anos de mandato ó fronte do partido Independientes polo Concello de Monfero (ICMON) - esta vez faino como candidato do Partido Popular.
-¿Que balance fai do seu traballo nestes últimos catro anos?
-Collimos catro anos moi duros, de moita crise e aínda así poido dicir orgulloso que non subín ningún imposto. Soupemos sobrevivir e fomos capaces de que os monferinos seguisen contando cos mesmos servizos. Apostamos por invertir nas persoas e ademáis acadamos un Concello saneado.
-¿Cáles considera que son os próximos retos que debe afrontar agora o municipio?
-Unha das principais preocupacións que temos é sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O arquitecto técnico teno xa case listo para que se informe e pronto pasará a un período de exposición pública. O plan é primordial para que en Monfero poidan construirse novas casas e intentar así frenar a caída demográfica que está golpeando ó municipio.
-A oposición non llo puxo nada sinxelo neste mandato, ¿cómo foi gobernar en minoría?
-Foi sen dúbida moi complicado. Nós derrocamos a un alcalde que levaba vinte catro anos ó fronte do Concello de Monfero e xa partimos con grandes dificultades. Non obstante, foron unha oposición destructiva, intentaron a toda costa poñer paos nas nosas rodas para que non poidésemos facer nada, pero conseguimos levar a bon porto moitos proxectos.
-¿Cómo cre que verán os veciños o seu paso o Partido Popular?
-No seu día gañei as eleccións como independente e foi algo que me fixo moita ilusión, pero tamén teño moito que agradecerlle a Diputación e o PP, polo que non dubidei á hora de pasar a formar parte do grupo dos populares.