Mecanismos de defensa

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

20 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Sabemos da reacción das lapas cando sinten un ataque. Esperanza Aguirre ten outro sistema: Dixo: Yo destapé la Gürtell. Y quedamos todos descolocados. É difícil reaccionar axeitadamente diante dun problema serio. A Igrexa católica andou errática diante dos casos de paidofilia e pederastia (dúas cousas que non son a mesma). Pensaron algúns bispos que o ataque viña de fóra e, cerrándose coma unha lapa, deixaron o problema dentro. Multiplicaron os efectos.

Algo así pasou en Ferrol nos despachos de Esquerda Unida cando descubriron que había no ordenador arquivos de pornografía infantil. Detectado o caso (unha parafilia considerada compulsiva e proclive a derivar en actos abusivos e polo tanto delicitivos) a dirección de EU reaccionou como temos visto que reaccionaron algúns bispos católicos. Ou como unha lapa rara, expulsando ao bicho confundido e deixando dentro o auténtico.

Colaborou coa policía entregando o ordenador cos arquivos porno borrados. Todo aquel proceso foi lamentable. O pánico a un ataque levounos a denunciar aos que denunciaran o feito dos arquivos porno. Foron expulsados aqueles que descubriran o corpo estraño dentro da «lapa». E non facendo caso dos avisos, EU levou a Santiago a posible causa de reproducción dos arquivos porno.

Agora escoito explicacións que soan ao de Esperanza Aguirre: «yo destapé la Gürtell».

¿Cómo reaccionar diante dun problema grave? As estructuras xerárquicas tenden a blindarse. Pensan que un aviso é un ataque.