Reigosa abre as Xornadas de Hume en As Pontes

M.M. AS PONTES

AS PONTES

El escritor e investigador impartirá una ponencia sobre O patrimonio invisible, seres e lugares encantados

28 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor e investigador Antonio Reigosa será o encargado, a partir das 20.00 horas na Casa Dopeso, de inaugurar cunha ponencia que se presenta baixo o epígrafe de O patrimonio invisible, seres e lugares encantados a décima edición das Xornadas de Outono organizadas pola Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume. A vindeira semana, en concreto o venres 4 de decembro, será o turno de Silvia Blanco e Manuel Souto, presidente da entidade. Nunha charla prevista ás 20.00 horas, disertarán sobre A igrexa do poboado das Veigas: novas perspectivas e interrogantes. Para o día 12, á mesma hora, se programa a presentación do número oito da revista Hume.