Mercado libre do eucalipto

Ramón Reimunde OPINIÓN

FERROL

08 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Teesde Carnota, no Fisterra atlántico, vou comentar algo de xeito persoal como un produtor e vendedor de eucalipto nos últimos corenta anos, aportando una opinión que espero que coincida cos intereses dos socios das Proma´S locais da Mariña e Ortegal federadas en Promagal, aos que tamén represento.

Cando hai dez anos o empresario portugués José Estima Reis comezou a operar no Norte da Galiza con nós, exportando eucalipto desde Celeiro e logo Burela e Ribadeo, o mercado desta madeira animouse e os prezos subiron. O mesmo tiña pasado no 1995 cando Ceasa de Navia e Ence de Pontevedra compraban en verdadeira concorrencia. Mais iso, acabou. As grandes empresas son capaces de fagocitar e engulir a calquer rebelde que lles estrague o negocio.

Agora fálase da posibilidade de que un consorcio luso-galaico exporte polo porto de Alcoa en San Cibrao. Mellor sería chamarlle grupo galego-portugués, pois a materia prima é nosa. Por outra parte Estima precisa ter capacidade, operarios para as máquinas e equipas eficientes, podendo contar co seu prestixio para gañar a nosa confianza como noutros tempos. A utilización do único porto grande de Lugo, o de Alcoa liberado, mesmo só o dique Norte en Morás, sería magnífico para exportar eucalipto en barcos grandes con un frete razoábel. É una vella reivindicación que fixemos moitas veces, apoiada tamén polo BNG, que non conseguen materializar os políticos que temos, reféns das grandes empresas e portas xiratorias. Se a Xunta de Galicia non axuda, polo menos que non estorbe nin burocratice o asunto.

A única maneira de liberar un mercado controlado hoxe por una só empresa é que teñamos os produtores varios compradores a competir entre si e desa forma dar saída á imensa produción do noso territorio forestal, aproximadamente medio millón de toneladas por concello na costa, que daría suficiente para as fábricas de pasta españolas e portuguesas e para a exportación do excedente, aportando riqueza e ingresos a millares de propietarios rurais, máis do que supón o leite ou a pesca xuntos. Hai que acabar con esta situación abusiva e poñer en valor a madeira.

Para solucionar este asunto do eucalipto, ademais de conseguir un porto grande para exportación e clientes diversos para vendas, os produtores debían organizarse ben en asociación locais, informarse e formarse, mellorar en silvicultura, xenética e calidade dos produtos, vender sempre con contrato de modelo único e a un prezo transparente por tonelada, nunca a vulto a provedores coniventes coas fábricas, e por suposto mellorar o prezo de venda, que non pode ser o actual de 27,25 Euros/t + Ive c/c para o eucalipto glóbulos de alta calidade, tarifa fixada como xuíz e parte pola consumidora de referencia, tamén buscando unha saída futura para o nítens que xa supón a metade do existente e que precisaría unha fábrica específica para el no país ou a exportación. Só así teríamos un mercado libre e rico.

Ramón Reimunde, presidente de Promagal y Promafoz.