«Santiago Montero foi unha figura deslumbrante, de ideoloxía pura»

La Voz

FERROL

CÉSAR TOIMIL

«A de hoxe pode ser a primeira conferencia adicada a el», sinalou

12 nov 2014 . Actualizado a las 11:18 h.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) acudiu onte ao Ateneo para falar dun ilustre profesor ferrolán, Santiago Montero Díaz, ao que lle adicou moitos escritos, pero tamén para mostrar o seu apoio a esta entidade que pasa por momentos complicados por unha débeda herdada da reforma do edificio municipal que ocupa: «O Ateneo Ferrolán ten unha traxectoria que abraia e hai que axudalo, só por unha cantidade de 40.000 euros non debería estar nesta situación, as institucións teñen que implicarse, porque isto non significa nada para o erario público. ¡Aínda que só sexa por sair na foto!».

-¿Que solución lle ve o Ateneo?

-Como cidadán vou expresar o que penso que é o sentir maioritario da Real Academia: sinto un alporizamento ante a insensibilidade das institucións que están dando de lado a unha institución que demostrou que traballa pola cultura, pero non me estraña: a dereita vive da incultura da xente e interésalle esta situación.

-A figura a que adica a conferencia tamén pasou por problemas...

-E foi arrinconada. Penso que a conferencia no Ateneo vai ser a primeira que se lle adica a Ferrol, cando foi unha cabeza privilexiada e un profesor admirable. Eu coincidín con el en Madrid cando era estudante, aínda que era catedrático de Historia Antigua e eu estudaba outras materias iamos ás súas clases só para escoitalo. Tiña un atractivo intelectual que seducía a todos...

-¿Como explica a traxectoria política?

-Moito se ten falado disto, pero o resumo podía ser que deixou de ser franquista cando o réxime precisamente lle podía outorgar prebendas e deixou de ser de esquerdas cando se puxo de moda ser de esquerdas. Todo isto demostra que era un home puro ideoloxicamente. Na Guerra Civil combatiu contra Franco e foi desterrado seguindo a traxectoria de Dionisio Ridruejo. E foi gran admirador de Ramiro Ledesma, o fundador das JONS e do movimento nacional sindicalista, pero co que rompeu cando comenzou a ver cousas que non encaixaban cos seus ideais.

-¿Cales das súas obras se deberían recuperar?

-Claramente Cervantes, compañero eterno. Foi unha figura deslumbrante, de ideoloxía pura. Por iso habería tamén que reeditar os seus textos marxistas.