«Busco inspiración na vida mesma»

raquel freire FENE / LA VOZ

FERROL CIUDAD

CÉSAR TOIMIL

02 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Mariola Hermida (Neda, 1965) presentou onte en Espacio Lector de Ferrol o seu novo poemario, acompañada do seu editor, José Luis Salamanca. Este último libro, -o segundo da poetisa-, leva por título Zurcindo latexos e é a primeira obra que a autora publica íntegramente en galego. Mariola Hermida adianta o contido deste novo volume, ademáis de revelar as súas fontes de inspiración.

-¿Un poeta nace ou faise?

- Eu considero que primeiro nace e despois faise. Cada un ten unha certa predisposición para determinadas actividades e co tempo logras adquirir técnica, pero é preciso ter dentro de ti esa sensibilidade especial para chegar a dominar un arte. Coa poesía ocorre algo similar ó que acontece coa pintura, podes ir mellorando e medrando artísticamente, pero precisas ter ese don.

-¿É doado hoxe en día adicarse ó mundo da poesía?

-Non, non é para nada doado, e menos coa situación económica actual. Adicarse ó mundo da escritura en xeral non é sinxelo e moito menos no caso da poesía, que por desgraza é un xénero minoritario. Facer e sobre todo publicar poesía é unha tarefa que require esforzo e adicación, nada disto chega sen traballo.

-¿En que busca vostede a inspiración á hora de compoñer?

- Busco inspiración en todo, na vida mesma, na xente que me rodea, na natureza e nas experiencias do día a día. Non teño ningún tema predilecto ou inspirador, baseome en situacións cotiás.

-¿Inflúe o estado anímico á hora de facer poesía?

-Sí, moito, polo menos no meu caso sí. Cando por exemplo estás máis baixa de moral ves as cousas doutro xeito, as emocións xorden máis rápido e as palabras flúen. Para min é un estado tremendamente inspirador, axúdame a compoñer bocetos rápidamente, aínda que logo estos deben ser remodelados. O estado de ánimo das persoas inflúe en todo o que fan e no caso da poesía os sentimentos fan de fío conductor.