«Agora tratamos de subsistir»

Andrés Vellón Graña
andrés vellón FERROL / LA VOZ

FERROL

Considera que o sector ten que estar máis valorado polas administracións

27 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Rey Puentes (Neda, 1964) asumiu a responsabilidade de dirixir como patrón maior a confraría fenesa de Barallobre nunha etapa marcada pola inestabilidade no sector.

-¿Que foi o que o decidiu a dar ese paso adiante?

-Mirar polos intereses da confraría. Alguén tiña que poñerse ao frente do pósito e creo que me xuntei con boa xente para facelo, creo que o equipo é bo.

-¿Cal é o obxectivo máis importante a curto prazo?

-Sinceiramente, agora tratamos de subsistir.

-¿Tan mal están as cousas?

-Sin a batea saíamos adiante, pero cando temos que utilizala caemos en picado polas mermas, a mortandade, as perdas, os baixos prezos... Todo influie.

-Haberá que confiar na entrada en funcionamiento da rede de depuración da ría...

-Si, temos confianza en que a ría se poda rexenerar. Pero, por un lado, está a depuración, que permitirá levantar os vetos das zonas C. E, por outra banda, está a necesidade de rexenerar os bancos, e ahí temos que ter o apoio da Xunta. O único bo de todo isto é que a ría é autosuficiente, a súa capacidade de rexeneración é moi grande. Pero, claro, hai que axudarlle.

-¿Está valorado o marisqueo na ría de Ferrol como merece?

-Penso que se atendemos ao volumen de traballadores do gremio debería prestárselle bastante máis atención. E non falo en exclusiva da Xunta. Os concellos terían que estar moito máis implicados con nós. Pola xente do mar, parece, só se mira cando hai un conflicto importante.

-E que foron un sector moi conflictivo.

-Fomos moi conflictivos porque senón ninguén nos escoitaba. Pódese dicir que eran os propios políticos os que nos obrigaban a actuar dese xeito.

-Agora apélase á negociación máis que á protesta.

-Intentamos sobrevivir sen armar follóns e dialogar ao máximo, porque o cidadán non ten a culpa de nada. Pero semella que sempre hai que andar detrás dos políticos, cando deberían intentar ser eles os que tivesen un diálogo máis fluido con nós, como con outros sectores.

carlos rey patrón maior da confraría de barallobre