Meirás celebrará este fin de semana a sexta edición da popular Festa do Percebe

valdoviño / la voz

FERROL

Os asistentes poderán disfrutar de racións a un prezo de 6 euros

31 jul 2014 . Actualizado a las 13:25 h.

Este fin de semana ten lugar no Concello de Valdoviño, máis concretamente na parroquia de Meirás, a sexta edición da Festa do Percebe que, ano tras ano, consegue superar as expectativas. No evento, que arrincará o sábado a partir das 12 do mediodía, os asistentes poderán disfrutar dunha ración de percebes a un prezo de 6 euros e, ademais, para os que o desexen tamén se venderán pratos de churrasco polo mesmo prezo.

«Queremos dar a coñecer o noso produto, que é de aquí de Meirás, e para iso buscamos que sexa accesible para todos grazas aos prezos que temos. Por quince euros podes comer unha ración de percebes, unha de churrasco e se queres tomas un xeado, un refresco, unha cervexa...» explica Roberto Horjales, presidente da Asociación de Percebeiros de Meirás, que organiza este evento.

Ano tras ano viaxan a Meirás centos de turistas co obxetivo de degustar uns percebes que, segundo comenta Roberto, nesta edición farán as delicias dos asistentes. «Esta tempada penso que foi unha nas que máis e mellor produto collemos. Creo que a xente vai a quedar moi contenta».