«O inglés e o alemán son as linguas máis demandadas»

raquel freire / A.V. FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSÉ PARDO

Os alumnos intentan obter formación en idiomas como medio para atopar traballo, en moitos casos no estranxeiro

24 jul 2014 . Actualizado a las 13:03 h.

A directora da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, María José Conde (Catoira, 1968), ofrece todos os detalles sobre centro de e sobre a súa oferta, con motivo do prazo de matriculación para o cuso 2014-2015.

-¿A crise que estamos a vivir favorece ou perxudica o estudo de idiomas?

-Favorece o estudo completamente, xa que debido a situación actual os alumnos intentan formarse para ver se poden atopar traballo, xa non aquí, senón en moitos casos tamén no estranxeiro. A xente está cada día máis predisposta a aprender idiomas.

-¿Que idiomas e que titulacións imparte o centro?

-Temos ofertadas seis linguas: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. En todos os idiomas os alumnos poden acadar os niveis A2, B1 e B2, agás no inglés, que tamén poden adquirir o nivel C1.

-¿Agárdase que o número de matrículas deste ano sexa superior ou inferior o do ano pasado?

-Esperamos que sexa similar o do anterior curso, xa que non pode ser superior por que non temos máis capacidade, non temos nin máis espacio físico nin máis profesorado, é algo que se solicitou pero que non nos foi concedido. E en realidade é unha magoa, xa que en linguas como o inglés e o alemán temos unha gran demanda, que por desgraza non podemos chegar a cubrir actualmente.

-¿Con que número de alumnos matriculados contou o centro o pasado curso?

-Tivemos a máis de 2.700 alumnos, o cal resulta unha cifra bastante importante. Como comentaba a nós gostaríanos que ese número continúase medrando, pero non é algo que esté nas nosas mans.