«As empresas continúan contactando con nós para establecerse no noso pobo»

FRAN GARCÍA / A.V.

FERROL

Avanza que unha nova firma comezará a funcionar en pouco tempo e está previsto que outras dúas o fagan a medio prazo

24 jul 2014 . Actualizado a las 13:15 h.

As Somozas está en festas, as primeiras sen o que foi alma máter e alcalde do pobo, Manuel Candocia. Substitúeo agora á fronte do goberno Juan Alonso Tembrás, que está a traballar para que o municipio que goberna continúe co seu espectacular crecemento empresarial.

-¿Que balance pode facer dos seus primeiros meses como alcalde?

-Eu creo que a esta pregunta deberían responder os veciños. Desde o Concello tratamos de facer todo o mellor que podemos e agardamos que a xente de As Somozas este satisfeita co noso traballo.

-¿Continúa en crecemento Somozas?

-Eu creo que si, a pesar de que o contexto xeral non é o desexable. A nivel empresarial estamos contactando con empresas que nos din que queren establecerse no noso pobo. Concretamente hai unha empresa valenciana de tratamento de residuos que quere poñerse a funcionar nos meses de setembro ou outubro. Tamén estamos buscando unha parcela para unha empresa que se dedica ao mantemento de helicópteros e que falou con nós para instalarse aquí. Ademais, hai outra entidade italiana que montou unha rotativa e vai a empezar a traballar xa, de momento conta con cerca de 40 postos de traballo pero quere chegar a ofertar 80 máis adiante.

-¿Que agarda das súas primeiras festas como alcalde?

-A verdade é que esperamos continuar na liña dos últimos anos. Como é lóxico agardamos que a cifra de visitantes continúe aumentando pero cremos que xa nos últimos anos tivemos unhas moi boas festas. Para esta edición contamos co mesmo presuposto de sempre e penso que fixemos un cartel bastante atractivo, con algunhas modificacións que nos pareceron axeitadas. Agardamos que nos acompañe o tempo e que os veciños poidan pasar uns días bos.

-Xa non estarán as tres orquestas tradicionais do día grande.

-Nós queríamos traer as tres coma sempre pero finalmente non foi posible. A orquesta Olympus ten agora un representante diferente ao da París de Noia e a Panorama e, ao ter que tratar con dous representantes, preferimos contratar só as outras dúas. Si que faremos a Festa do Neno, que non sempre se facía.

-Este ano coincide coa Fraga en As Pontes.

-Outros anos tamén nos pasou igual e aínda así veu bastante xente a nosa festa xa que Panorama e a París de Noia moven a bastante público de fóra. Ademais, a festa da Fraga ten o seu punto forte ao mediodía polo que agardamos que, para pasar a noite, a xente elixa a nosa festa.

-¿Qué significa para As Somozas ter un equipo de fútbol en Segunda B?

-Estamos moi orgullosos e non é para menos, porque que un pobo como As Somozas de 1.200 habitantes teña un equipo en Segunda B é algo histórico.