«A ver se entre todos conseguimos dinamizar a hostalería de Ortigueira»

a.f.c. ORTIGUEIRA / LA VOZ

FERROL

CÉSAR TOIMIL

15 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Empanada de chocos en tinta, cebiche de sargo con granada, zamburiñas ao forno, brochetas de atún con sésamo, filloas recheas ou montadiños (de todo o imaxinable). ¿Quen se resiste a tanta tentación? De momento, Miguel Ángel Eijo Cociña, Míchel, (Xove, 1977), ao fronte do restaurante O Fogón, en Ortigueira, desde marzo, bríndase a ensinar a elaborar e presentar estes apetitosos bocados, no curso que impartirá, por iniciativa da Asociación Comercio e Hostelería Ortegana (ACO), os días 17, 18 e 19 de xuño, por seis euros para socios e dez para o resto. Na mesa, a Míchel gústalle sorprender, esta vez en doses pequenas.

-¿Pode asistir ao curso alguén que non sexa hostaleiro?

-En principio está pensado para o sector, a ver se entre todos conseguimos dinamizar a hostalería e a vida de Ortigueira. Pero está aberto a todo o mundo [convén chamar antes para anotarse, ao 686 634 760 ou 675 915 719].

-¿Como estrutura o curso?

-En tres partes: primeiro pinchos montadiños; segundo, peixes, cefalópodos, salpicóns e cebiches; e terceiro, carnes. Intentarei variar o máximo, con seis receitas por día. Trátase de darlles outro aire aos pinchos, con presentacións e formatos diferentes ao do pratiño e o pan, tendo en conta que se dan gratis e que hai que ofrecer algo atractivo a baixo custo. Dan moito traballo, pero atraen á xente.

-Aquí produto non falta...

-Pero está o problema de sempre en Ortegal, a comercialización. Aquí temos todos os recursos, a mellor dourada, a mellor robaliza, as mellores ameixas... pero é moi difícil conseguilas.

Miguel ángel eijo cociña, «míchel» cociñeiro

«No curso de pinchos (os días 17, 18 e 19) xogaremos con presentacións e formatos distintos»