«Xa teño o meu propio fanzine»

mARÍA MEIZOSO FERROL / LA VOZ

FERROL

platas

10 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Acaba de recibir o primeiro premio do concurso de viñetas para a igualdade convocado pola Deputación da Coruña. Cristian Fojón Caruncho (Ortigueira, 1997) suma un recoñecemento máis a súa corta, pero prometedora traxectoria.

-É o último, pero non o único premio que acadou.

-De feito, este xa o gañei en outras dúas ocasións, pero recibino coa mesma ledicia. Neste caso, foi por unha creación na que falo da igualdade no ámbito educativo.

-¿En que campo da ilustración se sente máis cómodo?

-No da banda deseñada, dende pequeno é o que máis me gusta. Dende fai catro anos xa teño o meu propio fanzine. Invento historias, debúxoas, imprímoas e vendo os meus libriños por aí.

-¿Como é o proceso?

-Agora mesmo traballo nunha serie de historias ambientadas nunha típica aldea galega, Historias de Rego Torto. O primero que fixen foi inventar ao protagonista, un típico vello galego que se chama Salustio de Rego Torto. En cada cómic que vou creando enfróntase a novas situacións. Por exemplo, no primeiro, Construcción en Rego Torto, Salustio loita cuns constructores para que non lle expropien unhas terras.

-¿Que outros asuntos trata?

-Teño o de Marcos no que aparece o típico problema cando un move os marcos dunha finca. O terceiro, co que recibín dous premios, titúlase O home que liberou a Fraga e trata da invasión dos eucaliptos. O último foi Salustio e a festa nacional.

En la dirección web alecrinsetintachina@blogspot.com

mangadecristian@gmail.com