¿Que lle fixo o Ateneo, señor Rey?

Ramón Veloso

FERROL CIUDAD

27 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Como sabemos, o Goberno Municipal do Sr. Rey pretende transformar a sede do Ateneo Ferrolán nun Centro Multiusos para albergar a S.A.F., unha das asociación de veciños do barrio de A Magdalena, a Filarmónica e ao propio Ateneo. Ademais, quere agachar o nome deste para rebautizalo edificio como Concepción Arenal e tutelar as accións de todos elas. O investimento municipal no inmoble ateneísta pretendía solucionar varios problemas e non crear outros. Me explico.

Primeiro, a obra foi para dar solución aos problemas da falta de espazo e acomodo no edificio. Pero o resultado da mesma é que a Biblioteca, a Hemeroteca e a Pinacoteca non volven ao Ateneo cunhas explicacións administrativas bizántinas por parte dos concelleiros de Urbanismo e Cultura. Segundo, a inversión era para solucionar os problemas do propio inmoble. Pero a realidade son filtracións de auga que xa están a causar estragos no mobiliario e no propio edifico, falta de condicións ambientais de instalacións técnicas ou mala execución de traballos. E dicir, falta de control de obra. Estes son os problemas que había que solucionar, que o Ateneo xa tivera reinstalada a Biblioteca, a Hemeroteca e a Pinacoteca para disfrute de todos os cidadáns, que desapareceran as humidades e melloráramos o espazo. Déronse os pasos para iso, e agora o goberno municipal quere reescribilo todo.

O Sr. Rey co seu goberno entretense en crear novos problemas. Rediseña o contido do edifico nun continente constructivo feito para outro fin. Quere meter apelotonadas tres entidades culturais e unha asociación de veciños nun espazo que non foi concebido para tal cousa. Cando cheguen os fondos do Ateneo, que chegarán, pregúntome cómo imos acomodarnos. Di Suso Basterrechea que o Sr. Rey pensa que Magdalena, 202-204 é o 13 da rúa do Percebe. Este pode ser o resultado que debemos evitar. ¿Que lle fixemos Sr. Rey para que non solucione os problemas do Ateneo á vez que crea outros? Xa temos problemas dabondo na sociedade actual para pasalo tempo en crealos onde non hai.