| ari garcía

«O Samaín é una tradizón moi estendida pola Península Ibérica»


Rafael López leva máis de 18 anos na dedicados á recuperación do Samaín en Galicia. Unha tradizón que, segundo din os entendidos, afonda nas raíces célticas. A súa labor comezou en Cedeira, se ben o seu traballo levoulle ata outros puntos da xeografía galaica onde a tradizón da noite do Samaín comeza a ser máis que coñecida.

-¿O Samaín e a decoración das cabazas é algo puramente galego?

-É unha tradizón moi estendida. Non podo falar moito de centroeuropa, pero si da Península Ibérica, que é o que coñezo, e pódese atopar por todo o norte, chegando ata as Illas Baleares e incluso por zonas de Badaxoz. Hai que darse conta de que incluso a Santa Compaña está tamén, con outro nome, no Pirineo.

-O que rompe o mito de que só houbo celtas en Galicia.

-O que non hai dúbida é da existencia dos celtas no resto da Península Ibérica. Respecto a Galicia hai xente que incluso o cuestiona, pero é que unha cosa é o popular e outra o debate académico. A verdade é que cando recuperamos esta festa do Samaín e sacamos as cabazas, a xente dixo que era algo propiamente céltico.

-Sen embargo, foi unha tradizón case perdida.

-Si a partires da primeira globalización, nos anos sesenta o Samaín quedou completamente esmorecido.

-Pero parece que Cedeira logrou resucitalo.

-Si, agora canto menos hai unha xeración en Cedeira que non concibe o calendario sen o Samaín.

-Por certo, este ano innovaron e fixeron un obradoiro de costura de traxes de pantasmas e un pasarrúas pola noite.

-Si, pero é que o pasarrúas foi totalmente improvisado, non estaba preparado, o que pasou é que a primeira nena que se vestiu de pantasma miroume e díxome: «!Rafa, imos á rúa!», e así fomos con 40 nenos vestidos de fantasma.

-¿Veu moita xente este ano?

-Veu, pero eu non estou interesado en que isto se encha. Para min o traballo do Samaín é un traballo artístico e o obxectivo non é encher os bares e estar todos apretados.

Votación
0 votos
Etiquetas
Baleares Comarca de Ferrolterra Samaín Cedeira