«Hai nervios na primeira gran proba da súa vida»

La Voz

EDUCACIÓN

Jose Manuel Casal

Ricardo Vigueret ten un fillo, Ricardo, no instituto Maximino Romero, en Baio (Zas)

26 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ricardo Vigueret ten un fillo, Ricardo, no instituto Maximino Romero, en Baio (Zas). A estas alturas, Vigueret sabe coma ninguén cousas que nunca pensara que lle interesaran, como as prazas que oferta cada facultade, e iso que é profesor tamén, aínda que da ESO.

-Unha familia cun fillo en segundo de bacharelato pasa o ano en vilo, non si?

-Si. Sabiamos que segundo era duro, pero vemos que está totalmente condicionado pola ABAU. Non debería ser así, pero o é.

-Hai inquietude?

-Este ano especialmente. Chegou o primeiro trimestre e non había información, os pais faciamos presión aos fillos, e eles ós profesores...

-Como docente podería estar acostumado.

-Son profesor de ESO, pero este curso ten moito máis estrés e todos estamos obsesionados coa media. As notas si condicionan, o ambiente é de nerviosismo. Moitos deles levan seis anos xuntos, dende secundaria, pero esta é a primeira gran proba da súa vida.

-Como o leva o seu fillo?

-É tranquilo, e vese confiado. El quere facer algo de enxeñaría, coma Informática, e na Coruña ten un 7 pero en Santiago case un 10. Pero o leva ben, porque ve como va o curso e é raro patinar na proba. Claro que o difícil non é aprobar, é sacar nota, porque non todos poden ir á carreira que queren.

-Cando chegue xuño, como van celebrar o final do curso?

-Nós de xeito normal, e os rapaces, como moitos cumpren os 18, xa están pensando no carné de conducir.