Unha tropelía social

Ana Miranda

ECONOMÍA

12 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

As medidas de axuste do Goberno, anunciadas onte no Congreso dos Deputados polo presidente Mariano Rajoy, aplastan os dereitos laborais, económicos e sociais da inmensa maioría dos cidadáns como unha apisonadora que borra toda xustiza na xestión que o Partido Popular está a facer da crise. Unha pura desvergonza, capaz de salvar á banca mentres se recorta a prestación do paro e se tapona a creación de emprego. Para o BNG é obvio que só a rebelión cidadá pode parar esta tropelía.