Heredeiros da Crus, Astarot e Estramonio, no Galo Rock

amelia ferreiroa

VILA DE CRUCES

A. G.

Será el día 27 en el campo da feira

04 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Vila de Cruces acollerá unha nova edición do Festival Galo Rock o próximo 27 de maio, no Campo da Feira, cunha programación que xa se pechou e que traerá á vila aos grupos Heredeiros da Crus, Fillos do Estramonio e Astarot. Un festival que comezará ás 22 horas e no que tomará parte tamén Manuel Deandrade na súa faceta de dj. Un festival para o que se manten a venda de entradas ata o 25 de maio, cun prezo de 15 euros en anticipado e 20 euros en taquilla. Entradas que se poden adquirir en distintos establecementos comerciais de Rodeiro, Silleda e Lalín e de zonas da contorna coma Arzúa, Monterroso, Chantada e A Estrada. O Festival Galo Rock volta a converterse nunha magnífica oportunidade para disfrutar dalgunhas das mellores formacións rock galegas do momento: Heredeiros da Crus, que lidera Tonhito de Poi, e que se manten fiel a súa liña dende «A cuadrilla de Pepa a loba», o primeiro traballo que veu a luz no ano 1993. Oportunidade para escoitar tamén aos Fillos do Estramonio coas súas versións de clásicos do rock e Astarot, fundado en O Morrazo no 83, que conta no mercado con sete traballos.