Vila de Cruces reparte axudas para xóvenes que fagan prácticas na Unión Europea

IREA C., J. b. LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Os aspirantes teñen dez días para presentar as súas peticións

07 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os xóvenes de entre 16 e 30 anos poderán acceder a beneficiarse das axudas concedidas polo programa Galeuropa aos concellos de Vila de Cruces e tamén en Boqueixón e Vedra. Este consiste na realización de prácticas non remuneradas noutros países da Unión Europea co obxectivo de incrementar as posibilidades de inserción da mocidade no mercado laboral, completar a competencia profesional e persoal desta e adquirir competencias en idiomas extranxeiros para reducir os obstáculos lingüísticos. As prácticas suporán cinco horas diarias, de luns a venres, e terán seguemento e preparación pedagóxica, cultural e lingüística durante toda a estancia. Realizaránse do 20 de agosto ao 20 de novembro. Os países elexidos son Irlanda con seis prazas, Reino Unido con catro e Italia tamén con catro.

Un dos requisitos fundamentais é que os aspirantes estean inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. As solicitudes presentaránse no rexistro xeral do consistorio cruceño e o prazo comeza hoxe e son dez días laborables. As axudas cubren ata 275 euros dos gastos da viaxe, manutención, seguro, aloxamento e curso de idiomas. O presuposto adicado a este programa é de 87.749 euros e foi convocado pola Dirección Xeral de Xuventude. Galeuropa ten financiación de Xunta, Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.