Cruces, Silleda e Lalín recibirán case cinco mil euros para a promoción do galego

La Voz

VILA DE CRUCES

Proceden da Secretaría Xeral de Política Lingüística

01 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución da concesión de axudas, xunto coa cuantía correspondente en cada caso, ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Ademáis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, www.xunta.es/linguagalega, a relación de beneficiarios e do importe concedido, así como as sancións impostas aos beneficiarios. Os interesados poderán interpoñer recurso potestativo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dentro da Comarca do Deza, tres concellos foron beneficiados con ditas axudas, na modalidade de programas de dinamización. O Concello de Vila de Cruces recibirá 1.466 euros, o Concello de Silleda obterá 1.645 euros, e o Concello de Lalín ingresará 1.717 euros, o que suman un total de 4.828 euros.