A coral de Silleda convidada no recital de Vilanova de Cerveira

amelia ferreiroa

SILLEDA

A formación dezá viaxará este sábado ata o país veciño para actuar alí e devolverlle visita á coral de Vilanova

08 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os moitos compromisos e actividades da Coral Polifónica de Silleda non lle permitiu devolverlle aínda visita á formación de Vilanova de Cerveira. Finalmente, e despois de cadrar axendas, o desprazamento ata o país veciño farase efectivo este sábado en que os coralistas silledenses participarán no recital de primavera que promove a Coral Polifónica de Vilanova de Cerveira. «Vamos a cumplir con nuestra parte del intercambio con los compañeros coralistas portugueses ya que ellos estuvieron aquí en el año 2011 pero por cuestiones de programación no pudimos ir a Vilanova de Cerveira hasta ahora», según explica la presidenta Dorita Parada.

Un recital de primavera ao que non poderá asistir a totalidade dos integrantes da formación silledense. «De los 41 que somos ahora en la coral polifónica está previsto viajar unos treinta ya que tenemos algunas bajas por enfermedad y otros compañeros no pueden venir por cuadraturas de agenda». Así este sábado ás 9 da mañán partirá cara a Portugal esa trintena de coralistas que actuarán ás 15 horas en Vilanova de Cerveira onde interpretarán cinco cancións; en galego e castelán. «El repertorio que tenemos previsto interpretar en Vilanova está compuesto por piezas conocidas: Sementeira, Brazos para seitura, Meus amores, Meu amor é mariñeiro y finalizaremos la actuación con un tema del Dúo Dinámico; Quisiera ser. Son temas con arreglos de nuestro director Manuel Molinos».

Unha agrupación que cantará a misa dominical das Festas de Verán de Silleda en xullo coma todos os anos e que ten pendente desprazarse tamén a Melide nese mesmo mes, concretamente o 29, para ofrecer alí un concerto. Agosto será o mes de vacacións para os coralistas que retomarán a actividade en setembro coa Saleta.