Rural Sound: aposta agrocultural en Silleda baixo o signo da autoestima

P. V. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

.< / span>

Sete axitadores socioculturais poñen en valor en Ponte iniciativas con só o factor humano e os seus equipos

28 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Rural Sound é un proxecto que acaba de nacer e que sempre será inacabado porque sempre se vai enriquecendo. Surxe hai tres meses sobre a base de reunións dun grupo de amigos que decidiu poñerlle algo de seriedade «e facer cousas», apunta Juan Frade que retornara de Vigo e instalárase en Ponte de Silleda na casa de pedra da súa aboa onde asentou esta iniciativa rompedora no rural, reconvertendo en estudio de gravación e espazo de creación audiovisual habitáculos da propia casa.

É un camiño de volta ou iniciático para moitos dende a cidade o rural e permítelles ser activistas culturais, agroculturais, agroecolóxicos culturais, que o proxecto engloba todos estes valores. Arrancaron cinco e xa son sete: Juan, Fran, Isabel, Elena, Diego, Paulo e Roque. Todos saben algo de todo o que fan e especialsiats en algo, e cobren capítulos técnicos e son guionistas, produtores de estudio de gravación, produción xeral do proxecto, cámara, montadores... chegados de Silleda, de Santiago, de Cariño, de Betanzos, de Pontevedra para sumarse a este soño.

Ese capital, o de ser músicos poetas, fotógrafos, actores (Juan e hoxe mesmo figurante en Serramoura e foino fai pouco en O final do Camiño) con inquedanzas que a cidade non lles permitía sacar adiante, e tamén por como está o mundo da cultura que non permite vivir dela, engade Juan, xuntounos nun espazo de autoestima e de resistencia para a creatividade e para a posta en valor de todo o que respiran, medio rural e creatividade ligada a ese medio, e a súa axente, que queren poñer en valor. Todo os xuntou nese espazo de pedra de cantería con salas e habitáculos para crear e vivir, con só xuntar isos valores e o material técnico que tiñan.

«Todo arrancou hai tres meses en serio con proxectos da xente que está na inciativa, buscando sacar a luz o seu traballo musical, facendo vídeos do seu proxecto e empezando con Diego que é músico». Son un colectivo «autoxestionado, multidisciplinar, de ámbito cultural que trata de por en valor todos los proxectos artísticos que teñan saída...». Juan explica así que hai detrás de Rural Sound. Di que non hai posibilidade de pagar o traballo que se fai aquí nin o impacto social e cultural que se busca e «por iso facemos troco, poñémoslle un valor...» e ise valor págase con una actuación que xestiona Rural Sound e compensa a todos. O proxecto avanza e promociónase, o artista ou grupo recibe o seu videoclip e ademais a actuación é unha palanca de posta en valor cultural para Silleda.

Hoxe mesmo faise realidade o primeiro troco. Leva a súa maxia Xulio Merino, as 22.00 horas a A Bodeguilla, sen cobrar caché, compensado con gravación de vidoclip mañá en Ponte, colaborando o establecemento e con acceso gratis ó público. Todos satisfeitos no seu papel e faise canteira cultural que Juan agarda que se expanda con máis locais colaborando: «queremos programar cultura no pobo».

Pero isto e só un ángulo do proxecto Rural Sound que ten un fronte de gravación de música que cotiza normal e que xa recibiu en Ponte a algún grupo. A dimensión, que medra «porque cando nos xuntamos seguen aparecendo ideas» apunta a sacar adiante proxectos, «crear oportunidades de verdade para quen non pode sacalos» e tamén quere por en valor o entorno, fai moita gravación no medio natural e apuntan a valores de proxecto cultural, social e ecoloxista. Sobor da mesa xa están planeándose un concerto prorefuxiados, talleres no verán, dispares, de xabóns, perfumes, horta ecolóxica audiovisuais ligado a relación formativa cos nenos da escola de teatro de Cristina Collazo... Tamén, conexión social, invitando os veciños a actividades e hasta traballan nunha webserie nesa liña de programar cultura e expandila como todo na maior plataforma, en Youtube .

Juan ten horta como recurso propio. Pero a casa do Rural Sound ten tamén «residencias artísticas». É o lado máis intenso do proxecto, que permite desenvolver iniciativas sen custo. Xa hai una persoa que o fai no grupo: «colabora comigo na horta e reside e come na casa con tempo para desenvolver o seu proxecto sen preocuparse en buscar cartos para mercar comida e pagar aluguer, colabora na horta e saca adiante o seu proxecto», di Juan. É unha vía que xa funciona na casa de Ponte onde se fai multicultura, sinálase o medio, mostrase un rural non imaxinado dende as vilas e faise país.

Desenvólvense desde una base de traballo de idea social, cultural e ecoloxista

Sobre a mesa xa traman unha webserie e varios obradoiros para facer no verán

A «residencia artística» permite colaborar na horta para poder comer e durmir na casa