«Este ano será unha malla moi concurrida e orixinal»

Irea Carballo, P. V.

SILLEDA

Unha serra cun motor de 150 años de antigüidade será posta en marcha na edición deste domingo

27 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Silleda celebra a súa V Romaría da Malla Tradicional este domingo. Este ano expoñerán una malladeira en carro do país e unha réplica dun avión, que traen dende Ardemil. Aurelio Fernández Villaverde, organizador do evento espera moita afluencia nesta edición.

-Creo que será unha malla moi concurrida e orixinal

-¿Como realizarán o proceso da malla?

-A malla deste ano estámola facendo bastante agro-forestal, porque temos tres serras ambulantes. Comezaremos ca malla á pedra, logo pasaremos aos moles e despois pasaremos ás máquinas. Unha delas ten 100 anos de actividade e un motor de 150 anos de antigüedade. Despois pasaremos unha aventadora, tamén das antigas que non limpian o grao, para pasar a outra de fai 50 anos que xa limpia e malla, indo directamente ao saco. En canto ao proceso das serras, primeiro utilizaremos unha tirada por un tractor e logo outra cun motor de correa plana para acabar cunha serra horizontal. Para finalizar teremos un xantar de confraternidade.

-¿En qué consiste o menú?

-Está composto por empanada e carne ao caldeiro. De postre haberá tarta helada e biscoitos caseiros. Para beber viño e unha queimada tradicional. O precio será de 15 euros.

-¿Canta xente espera?

-O ano pasado viñeron unhas 500 persoas. Depende do ano, pero esperamos desta vez unhas 700 u 800 persoas. A xente está moi animada e pregunta moito polo evento. Creo que será unha malla moi concurrida e orixinal

-¿De onde acostuman vir os participantes?

-Sobre todo ven xente das parroquias de arredor de Silleda, pero tamén emigrantes galegos de Bilbao ou Madrid.

-¿Cómo xorde a inciativa?

-Buscamos mostrar as diferencias de cómo se realizaba a malla antigamente a cómo se fai agora, porque o proceso é moi distinto.