La Caixa e Cogami promoven en Medelo un plan de xardinería para persoas con discapacidade

irea c., j. b. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Beneficiará a catorce persoas nunha iniciativa de sete meses de duración

29 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O director da área de negocio de A Coruña Nova Red de La Caixa, José Carlos Cobas, entregoulle una axuda de 6.500 euros á coordinadora de Cogami, Charo Lema Castiñeiras, ca finalidade de por en marcha un programa formativo de agricultura ecolóxica e xardinería en Silleda. Catorce persoas con discapacidade que residan no medio rural serán a beneficiarias deste novo proxecto que durará un período de sete meses compostos por 550 horas de formación. Este obradoiro incluirá coñecementos teóricos e prácticos sobre o cultivo, recolección e mantementosda agricultura biolóxica en xardíns e zonas verdes. Terá lugar no mes de setembro no centro que Cogami ten en Medelo, no municipio de Silleda.

O obxectivo do curso é a mellora das súas capacidades de empregabilidade. En canto a esta colaboración, José Carlos Cobas valorou a labor que está a desenvolver Cogami a favor das persoas con discapacidade en Galicia e destacou o deseño de esta oferta formativa axustada ás necesidades das persoas con discapacidade do rural galego. «Somos unha entidade cunha forte sensiblidade social e procuramos facilitar oportunidades ás persoas que teñen algún tipo de difilcutade», comentou.