A xunta comarcal da AECC programa andainas e un curso

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Á comida solidaria de hoxe en Silleda asistirán 150 comensais

30 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A xunta comarcal da Asociación Española contra o Cancro celebrará hoxe no recinto feiral silledense o segundo xantar solidario ao que se prevé asistan 150 comensais, segundo avanzou a responsable comarcal Olga Baltasar. Unha comida na que se darán cita persoas chegadas dende os distintos concellos dezaos e «ao remate se fará un sorteo de obsequios doados por establecementos comerciais e particulares». Doazóns que agradeceu a presidenta. «As colaboracións foron absolutamente extraordinarias. Só cabe dar as grazas a todos pola súa xenerosidade».

Unha xunta local que continúa prantexando novas iniciativas para os vindeiros meses como dúas andainas que se promoverán dende Lalín e Silleda. «A data non está pechada. Será en maio ou xuño. Ao mes seguinte faremos a cuestación en Silleda e Vila de Cruces e en agosto en Lalín». Por outra banda o curso de voluntariado está previsto celebralo en xuño en Lalín.