«Recuperar as feiras e atraer xente ao pobo é o primeiro»

amelia ferreiroa LALÍN /LA VOZ

SILLEDA

Fernández Romero agarda un apoio unánime do sector para con este novo proxecto.
Fernández Romero agarda un apoio unánime do sector para con este novo proxecto. miguel souto< / span>

Pechará o martes a configuración da xunta directiva despois de ser designado reponsable do colectivo de hostaleiros

04 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Os hostaleiros locais levaban tempo botando en falta a posta en marcha dun colectivo que os aglutinase. Unha idea que os rondaba pero que non acababa de coller forma. «Gañas non nos faltaban. Había unha inquedanza respecto de contar cunha asociación pero foi preciso que o concello nos dera o golpe necesario para elo e para que finalmente a idea se convertera en realidade», sentencia José Luis Fernández Romero o recén nomeado presidente da Asociación de Hostalería de Silleda.

-Ás costas ten o haber traballado no sector hostaleiro en Galicia e fóra e é coñecedor do gremio; ¿que hai que mellorar en Silleda?

-Dende os vinte anos traballo na hostalería e penso que coñezo o sector. Estiven traballando en Santiago, Sanxenxo, Andorra, A Estrada... e na actualidade rexento un restaurante en Silleda de onde son natural. Neste pobo pódense mellorar cousas pero tamén tentar poñer en marcha novas iniciativas se contamos co respaldo dos socios. Recuperar as feiras antigas que se facían aquí e atraer xente ao pobo é o primeiro que nos prantexamos. Pensamos tamén que sería interesante organizar eventos fóra das grandes datas que xa están sinaladas no almanaque. Non quero decir que non se lle preste atención a esas datas, e non se promovan iniciativas, senón que hai que incentivar a chegada de xente ao pobo ao longo de todo o ano non só en datas puntuais como pode ser o Nadal, nas festas ou en Semana Santa.

-Apostará pola posta en marcha de iniciativas en conxunto?

-Por suposto. Un hostaleiro en solitario non fai nada; e falo por min. Meses atrás tiña unha idea para facer un evento gastronómico pero logo non se materializou por estar precisamente eu só ao fronte da iniciativa. Entran as dúbidas... Se fose a nivel de asociación seguro que era factible e máis doado á hora de dárlle saída.

-Un dos primeiros pasos, o máis inminente, é constituir unha xunta directiva...

-Xa está fixada a reunión para o vindeiro martes ás 17 horas na Casa da Cultura. Un encontro que servirá para pechar a configuración da xunta directiva e tamén para captar aos hostaleiros do municipio que non viñero á anterior convocatoria; uns semella porque non se enteraron e outros por cuestións diversas. Á reunión do pasado mércores asistiron unha trintena pero hai moitos máis no municipio e cantos máis sexamos mellor.

josé luis fernández presidente da hostalaría silledense