O quinteto Airas Ensemble imparte un curso instrumental en Silleda

La Voz

SILLEDA

El curso cuenta con 45 alumnos activos

02 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda Municipal de Silleda en colaboración co Concello celebra hoxe e mañá un curso de especialidade instrumental, impartido polo quinteto Airas Ensemble. O curso conta con 45 alumnos activos e once oíntes, e impartirase na Escola de Música Municipal e no salón parroquial, en horario de 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

O quinteto ofrecerá, a partir das 19.30 horas de hoxe, un concerto gratuito no salón parroquial, e serán estes os que mañá decidirán os gañadores do concurso de xóvenes intérpretes José Fernández García.

Por outra parte, a Banda de Música Xuvenil de Silleda e a Banda de Música Xuvenil de Meaño darán un concerto na Praza da Feira Vella o día 10. E o domingo 12 realizarase o XXII Festival de Bandas de música de Silleda, na Praza Siñor Afranio ás 19.00 horas, no que participarán a Banda Artística de Merza, a Banda la Lira Urgavonense de Arjona (Jaén) e a Banda de Silleda.