«Celso é o mellor, e con nós o perigo do público é de duración»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

MARCOS CREO

Actúa mañá en Silleda a prol do Pobo Saharaui xunto a Fernández Sanmartín

24 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá, ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Silleda, Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín desgranarán contos e historias no marco da celebración da III Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui. O prezo da entrada deste espectáculo solidario é de oito euros.

-¿Qué vai a contar?

-Eu vou contar o que queira Celso, porque el cando ven a Ribeira tamén fai o que lle digo. Eu son fan de Celso. Vai un ano que actuamos de cando en vez e logramos unha empatía e unha complicidade grande que nos aproxima a o debate da contada, que é como era na orixe. Poremos enriba da mesa, da barra do bar ou da lareira todo o noso repertorio e aparecerá una sesión única porque non está todo definido e atado de antemán.

-Ademáis por unha bóa causa.

-É indiscutible, é unha bóa causa que non ten mal ningún. Hai unha conexión especial de Galicia co pobo saharaui. Eu coñezo a moitas familias que acollen nenos no verán, que son padriños de nenos,... somos familia, estamos vinculados.

-Con vostede e Celso no escenario, ¿hai perigo?

-Sí, perigo de duración, para o público porque cando nos xuntamos... Eu teño repertorios tristes, pero con Celso sempre son alegres. A ver se conseguimos un que chame o optimismo porque aínda que os problemas do Sáhara son algo moi serio, a arte, a festa é o espectáculo son para aliviar as penas. Actuar en Silleda está moi ben, aínda que sempre me toca actuar en Silleda en causas benéficas, nunca cobrando.

-¿Qué vai a contar?

-Actuar con Celso é un pracer. É un fenómeno. Define fenómeno como un becerro con dúas cabezas e él ten dúas polo menos e lle están medrando máis como os cogumelos. Celso é o mellor de todos, alimenta os que estamos a seu carón e a arte é unha forma de alimento.