Loureiro de Ouro para No Majors Studio

La Voz

LALÍN

rober amado

09 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Foro para Cultivos Culturais de Lalín acaba de entregar o seu Loureiro de Ouro 2018, que recaeu nesta ocasión en Fernando García González e Anxo Álvarez García, de No Majors Studio. Entre os motivos para o recoñecemento por parte do colectivo, figuran que son emprendedores entusiastas, profesionais de contrastado prestixio e impulsores de proxectos solidarios, así como colaboradores en proxectos sociais e veciñais e «instaladores do apego a Lalín». Destaca o colectivo que son tamén «esperanza para quen necesita axuda» e «mecenas en todo tipo de proxectos de base». foto rober amado