Vilatuxe abre campamento musical e festexa aos socios

amelia ferreiroa

LALÍN

miguel souto

28 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda de Música de Vilatuxe celebrará do 11 ao 14 de xullo a cuarta edición do seu campamento musical no que se misturarán clases individuais e colectivas, ensaios e actividades lúdicas. Campamento que se adiantou unhas semanas, segundo o director Víctor Vilariño, para que se poidan levar a cabo as obras de mellora no auditorio programadas polo Concello de Lalín e que semella estarán rematadas para o inicio do vindeiro curso.

Os alumnos que asistan ao campamento poderán escoller entre un amplo abano de instrumentos: trompeta cuxas clases impartirá Fran Fernández, frauta (Bea Rodríguez), trompa (Luis Vinseiro), trombón (Iago Ríos), clarinete (Mario Rodríguez), clarinete (Paloma Pinto), saxofón (Miguel Blanco) ou ensinanzas de percusión das que se ocupará Germán Agulló. Haberá masterclass e servizo de transporte dende O Corpiño, Anzo, Prado e Lalín nun campamento musical que un amplo horario de celebración: de 9 da mañán a dez da noite.

Por outra banda a formación xuvenil participará o vindeiro 9 de xullo no Festival de Bandas Xuvenís e Infantís que terá lugar no Gaiás e se está a preparar a Festa do Socio da Banda de Música de Vilatuxe para o vindeiro día 15 de xullo.