Mulleres emprendedoras do rural transfiren seus proxectos

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

O SLG promoveu unha xornada con relatorios de experiencias

16 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Departir coas mulleres nunha xornada adicada en exclusividade a elas e darlles a coñecer distintos proxectos que emprendedoras están a desenvolver no rural era o obxectivo da xornada que se celebrou onte nas antigas instalacións da UNED en Lalín, organizadas polo Sindicato Labrego Galego, a Confederación de Mulleres do Mundo Rural Ceres e a Asociación Labregas.

«O que se buscou a través desta xornada foi trasladarlle ás mulleres a positividade de traballar no rural, o ben que lles aporta a todas aquelas que apostaron por desarrollar un proxecto propio como grandes emprendedoras que son, e explicarlles que todas están capacitadas para afrontar os seus proxectos e que poden tirar para adiante», segundo explicaba a responsable do Sindicato Labrego Galego na comarca de Deza, María Fernández.

Unha xornada de transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no medio rural, con asistencia dunha vintena de participantes, na que se puideron escoitar ao longo da mañán relatorios de emprendedoras que apostaron polo rural galego caso de Sonia Couso, de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, que está a desarrollar un proxecto de recuperación de soutos abandonados na zona de Ourense e a comercialización de castañas. As asistentes ao acto puideron empaparse tamén doutro proxecto; o de Ana Corredoira de A Cernada unha explotación de leite ecolóxico, que dende Palas de Rei comercializa leite ao igual que iogures, e Pura Seoane cunha longa experiencia no eido da horta ecolóxica que foi quen de falar tamén ás presentes do seu traballo cotiá. Ana Lorenzo de Cidadanía Sociedade Cooperativa Galega foi a encargada de facer unha analise dos modelos de negocio rexentados por mulleres no medio rural e a axente de Igualdade e Dsenvolvemento Rural Paloma Jimena Medina pechou as intervencións da primeira parte desta xornada cun relatorio sobre a situación da muller no rural.

As actividades da tarde centraronse fundamentalmente nas axudas existentes para poder desarrollar un proxecto emprendedor. Así Ana Eiras de Asociacións Labregas falou das estruturas de información e apoio e Paula Suanzes, representante do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte, deu a coñecer os programas de desenvolvemento rural como oportunidade para as mulleres. Informacións encamiñadas a debullar as maneiras de acceder aos programas oficiais de desenvolvemento rural para poder acadar axudar de cara a financiar posibles proxectos.