«O reloxo corre en contra do alumnado de segundo de BAC»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

m. souto

Rexeita a Lomce e as reválidas e advirte sobre os atrancos para dispor dos contidos nos centros para o exame

26 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xabier Rodríguez Paz, secretario da xunta de persoal docente de Pontevedra, participou onte en Lalín nun acto organizado polo Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público que tivo lugar no Museo Ramón María Aller de Lalín er no que falou da Lomce e as reválidas.

-¿Que supón a Lomce e as reválidas sobre todo para os rapaces de segundo de BAC que se xogan o seu futuro?

-A Lomce e as reválidas moitos entendemos que é un modo de segregación do alumnado, que é un concepto da educación completamente distinto o que levabamos feito nas distintas leis educativas que houbo en democracia e que falaban de inclusión e de educación integral dos rapaces e que cambiou completamente coa Lomce. Deixouse entrever o mercantilismo na que a reválida sería un mecanismo para xa, o máis pronto posible, desligar do sistema educativo que a unha idade moi temprana ao alumnado que decide a administración que non serve para continuar con outros estudos e que vai destinado e dirixido cara un mercado laboral de baixa cualificación.

-¿Crece o rexeitamento?

-Hai un rexeitamento masivo, por falta de contestación social non é, trátase de que non se enfríe esa contestación social. De aí a mobilización convocada.

-¿E a de segundo de BAC?

-Este curso nin a de cuarto da ESO ten repercusión académica nin tampouco a vai ter a de segundo de BAC a efectos de titulación pero vai a ter o carácter que se lle deu de porta de acceso á Universidade. A Lomce deixaba a porta aberta as universidades a crear a súa propia porta de acceso, pero o que sabemos a día de hoxe e que as universidades optaron non facer uso desa perrogativa e ir cara o distrito único de que esa reválida nesa faceta sexa consensuada, pero hai unha gran incertidume,

-¿Como está o tema neste momento?

-O reloxo corre en contra do alumnado e do profesorado, das familias, da organización dos centros. Marcáronse como prazo o día 30 para botalo a andar é non é posible a hora de programar as materias. Xa se cuestiona tamén a financiación desas reválidas que será un gasto extra. Non hai partida orzamentaria, correrá a cargo das comunidades autónomas e hai algunhas que queren unha prorroga e que deixen ás universidades seguir coas PAU. Tamén é unha cuestión política. Dende o punto de vista organizativo é un disparate, é unha incongruencia facelo agora. Isto foi un Real Decreto que se publicou no verán, e agora ten que haber unha orde que o desenvolva e ten que pasar obrigatoriamente polo Consello Escolar de Estado e non hai porque un goberno en funcións non pode nomear altos cargos. E o consello está descabezado porque o presidente e vicepresidencia se xubilaron e a persoa que levaba a secretaria faleceu da maneira que temos o primeiro atranco.