Multitudinaria cea e magosto de castañas ecolóxicas, en Botos

amelia ferreiroa

LALÍN

M. souto

Foi posposta en agosto unha verbena y actívase hoxe a festa

21 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As adversas condicións meteorolóxicas do pasado 24 de agosto obrigaron á comisión de festas de Botos (Lalín) a pospoñer a celebración da verbena en plenos festexos patronais. As orquestras Metrópolis e Fania Blanco Show non puideron actuar por aquel entón e farano esta noite despois da cea-magosto que ven promovendo a comisión, que preside Pepe Cuñarro, nos últimos catro anos. «Isto non se podería facer sen o apoio dun colectivo como o que está traballando conmigo. Unha persoa soa non pode facer todo», sentencia Cuñarro que prevé unha asistencia de máis de 350 comensais á cea desta noite. Un menú a base de polbo, carne ao caldeiro e castañas ecolóxicas. «Xa xuntaramos uns 150 quilos e aínda foron apañar uns quilos máis para que haxa para todos; para os que veñan á cea e para aqueles que opten por estar só na verbena». Un magosto, que a xuizo de Cuñarro, é o «máis grande de todos os que se fan na comarca e esperemos que se manteña e continúe sendo punteiro». Verbas que fan pronosticar unha posible saída de Pepe Cuñarro da presidencia da comisión de festas de Botos; «son catro anos e non doe traballar pola parroquia pero isto réstache moito tempo».