Un traballo de conciencia

Salvemos Catasós

LALÍN

18 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

APlataforma Salvemos Catasós tén nas súas maus un traballo grande, e todo o pobo de Lalín, empezando por Catasós, Torguedo, Barrio, Cerredo, Moneixa, Regoufe, etc. un traballo de conciencia.

Coa figura de ENIL a propiedade non deixa de ser de quen é, dos propietarios e propietarias que pagan a contribución por ela, e a recibiron e darán en herdanza ou a mercaron, pero os valores que lle son recoñecibles a esa propiedade son cousa de toda a cidadanía, ata internacionalmente, e por Lei.

Os tempos de Atila pasaron á historia aínda que Gas Natural Fenosa se encargue de actualizalos cando lle reutúa.

O ENIL co que andamos a voltas e que o Governo de Lalín quere sacar adiante, está tendo moitos atrancos, pero lembramos que a día de hoxe a súa aprobación pola Xunta sería a mellor ferramenta para evitar que Gas Natural Fenosa pase coa Liña de Alta Tensión O Irixo-Lalín, e destroce de por vida dunha zona que xa está incluída no Catálogo Galego da Paisaxe e está pegada ó Monumento Natural da fraga de Quiroga.

Cando as cousas están mal feitas desde un comezo, é porque están expresamente feitas para favorecer a grandes multinacionais como Gas Natural Fenosa, ás que nós nada lle importamos, nen a paisaxe, nen o noso substento, nada de nada

Repetimos que a Liña de Alta Tensión O Irixo-Lalín tén dúas solucións viables tanto técnica como económicamente para evitar este atentado natural: soterrala pola estrada Nacional 525, ou levala polo monte?

Polo tanto, a ver se os políticos da oposición se toman en serio a gravidade do caso e deixan de dar a lata e miran para onde hai que mirar dunha vez por todas, para aplicarlle unha atención de urxencia a este problema e non ter que lle aplicar despois unha extrema unción. Serían os causantes desa morte.