Victorino Gutiérrez Aller

José Ramón González

LALÍN

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Opobo de Lalín acudiu en multitude o pasado día 20 deste mes de xullo a presenciar onda a estatua de Loriga o acto de nomeamento de Fillo Predilecto de Lalín o ex notario da nosa vila, Victorino Gutiérrez Aller. Un recoñecemento que tivo o noso goberno municipal co seu alcalde o fronte, Rafael Cuíña.

Estou ben seguro que todos os homes e mulleres que te coñecen tanto no trato persoal como profesional están totalmente dacordo co mesmo.

Victorino, eu non estuven no acto por motivos de viaxe, pero o meu corazón aseguroche que estaba.

Quero aproveitar esta oportunidade parea decir que o marxen de ser un gran defensor da nosa lingua coma notario, sempre lle buscabas un xeito der facer as cousas pronto, e por suposto, sen saltar as leis. Por último quero decir que o meu amigo non é normativo e que o que norma non tivo.

Amigo Victorino agora que te vexo pouco aproveito esta oportunidade para desexarche o mellor.

Recibe un forte abrazo.