Ajedrez Lalín mantense sétimo no Galicia Central

elena cuiña LALÍN / LA VOZ

LALÍN

A escola lalinense consegue medalla na sexta proba

30 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O VIII Circuito Galicia Central de Xadrez continúa disputándose, esta vez por terras ourensás. A sexta proba puntuable tivo lugar o día 25 en Pereiro de Aguiar, organizado por Xadrez Benchoshey, un dos clubes de Galicia con mellor canteira. Os torneos contaron con 90 participantes, superando a cifra do pasado ano. Disputábanse 26 medallas, nove das cales foron para os xogadores de Xadrez Benchoshey, tres para Peleteiro, dúas para Chantada, Gallaecia e Kárpov, e unha para os clubs Lucena, Lalín, Universitario de Ourense, A. C. D. Rebordachao, Xadrez Ourense, Xadrez Marín e Xadrez Oroso.

O torneo absoluto contou coa asistencia de 45 xogadores, unha proba con nivel medio moi alto e na que se disputaron seis rondas. Ocuparían o podio José Doval González, David Farto Orozco e o lalinense Juan J. Sanz Sixto, ouro, prata e bronce respectivamente. O campeón veterano foi Juan Antonio Sardina Páramo, do Kárpov, e a campioa feminina foi Cecilia González López, do Xadrez Bechoshey. Na xeral, continúan encabezando os MGC Juan J. Sanz Sixto e José Doval González, con 21 puntos. A punto e medio están MGC Jesús Rodríguez Pérez e Javier Varasa Paredes.

En sub-18, ouro para Pablo Fernández López, prata para Joel Gonçalo Machado Alves, e bronce para Miguel Ferreiro Díaz. A campeona feminina foi Nerea Cereijo Suárez. En sub-14, victoria para Ángel Ferreño Sanmartín, Martín Pena Varela e Adrián Perol Hurtado. O ouro feminino levouno Noa Formoso Rodríguez. En sub-12 o campeón foi Miguel Cantón Nespereira, e en sub-10, Pedro Fernández López. Na xeral global manda, con 19 puntos, Xabier Pérez Ochandategui, e na xeral sub-08, lidera Nerea Cereijo.

Por equipos, o Universitario de Ourense sitúase na cabeza, mentres que a Escuela Ajedrez Lalín se atopa en sétima posición, dun total de 52 clubs.

A próxima proba do Circuito Galicia Central será en Verín, o día 1, e en Celanova, o 8. As inscripcións están abertas ata o día anterior da proba ás 22.00 horas, en escueladeajedrezlalin@gmail.