«A nosa forma de política marcará un antes e un despois no país»

alicia manso, p. v LALIN/ LA VOZ

AGOLADA

Camilo Conde candidato por A Coruña del Partido Anticorrupción y Justicia

28 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Camilo Conde, de Lalín e líder do PGD en pasadas eleccións, encabeza a lista por A Coruña do Partido Anticorrupción y Justicia que lidera dende Agolada Luis Calvo.

-Sorprende ver a un galeguista como vostede encabezando unha lista dun novo partido que ten un nome en castelán.

-Evidentemente é unha contradición en certa medida. Temos que entender que é un partido de corte estatal, por iso leva o nome na lingua que máis prevalece en España. Polo tanto, non ten por que cuestionar nada con respecto o galeguismo.

-Que propostas leva o programa atractivas para os votantes?

-Pretende ser un programa que rompa cos esquemas que estaban establecidos. É un partido que pretende abrir as portas ó pobo, para que se anime a participar na política. Espero e confío que o partido adquira configuración e se avanzamos nos obxectivos que ten inicialmente, teremos que pensar nun partido que ten que cambiar totalmente as políticas a nivel estatal e autonómico.

-Matice algo...

-No programa en sí, vamos a sintetizar uns elementos de simplicidade, non o podemos contextualizar todo. Temos o esencial, os piares que serían consensuar unha xustiza en España que poida actuar con independencia e que o ámbito político se rexenere. Erradicar a corrupción con persoas que non están no círculo desas contaminacións e tratar a economía doutro xeito cunha reforma ampla de forma que Galicia poida empezar a recuperar o seu benestar e potencialidade económica e poida redistribuírse dunha forma que nos beneficiemos os galegos.

-Por que a decisión de presentarse polas listas de A Coruña?

-É un partido que está nacendo e que ten que conformarse. Entendemos que á súa conformación acuda xente do pobo, xente que non sabe ser deshonesta nin entende de roubar. É para intentar dialogar e intentar transmitir unha mensaxe de inicio cunha forma de facer política que marcará un antes e un despois no país.

- Tamén trasladou á súa lista o capital político que tiña no seu anterior partido.

-Algunhas persoas repiten conmigo porque eu coñézoas e podo saber que van a responder as fórmulas que se pretenden instalar no devir das campañas. Teño confianza nelas e esa confianza foi o que me levou a elixilas.