Carta de despedida dos guías do equipo de cans de rescate da Estrada

La Voz A ESTRADA

A ESTRADA

O colectivo localizou na súa andadura a 18 desaparecidos

25 ago 2016 . Actualizado a las 18:36 h.

Con data de onte solicitamos a baixa da unidade canina de rescate de Protección Civil da Estrada, con todo o pesar que conleva deixar un baleiro nunha unidade de 19 anos de andadura pola que tanto loitamos. Non foi sinxelo, pero era algo que viñamos barallando dende hai un tempo pola situación insostible que estabamos arrastrando.

Pode expresarse dun xeito máis ou menos impulsivo, nun contexto máis ou menos visceral pero a realidade é esta guste ou non; a falta de interese e apoio mermou as nosas capacidades ata influí­r no eido persoal e esa é unha liña que ninguén quere traspasar. As razóns están claras, non son argumentos, senón que son feitos probados accesibles na hemeroteca recente que nos atesoran e que nos levaron a esta situación de cansazo e desmotivación.

Pola contra, os guí­as de esta unidade puxeron toda a carne no asador, cuestión demostrable e libre de reproches, xa que nos últimos anos o nivel de esta unidade foi in crescendo para garantir, aí­nda sendo voluntarios, un servizo serio e de calidade ó cidadán nos centenares de búsquedas nas que levamos participado. Esa foi sempre a nosa máxima, porque a profesionalidade non a outorga un soldo senón un xeito de facer as cousas. Mostra da implicación é a organización de 3 probas nacionais, 3 internacionais, consecución de 17 homologacións, criado de camadas para garantir a sucesión, clasificación e participación en 3 campionatos do mundo.... e todo isto con excelentes marcas.... proxectos que lonxe de ser logros persoais son froito dun duro traballo de equipo.

Os feitos que avalan a nosa decisión e que mostran a falta de apoio son razóns xa esgrimidas, como a inexistencia dunha pista de adestramento (esencial para construí­r unha boa base de traballo) pista que levamos mendigando mais de 2 anos e que fai ano e medio se nos prometeu mediaticamente en precampaña con presenza de autoridades incluí­da e que non se materializou. Pero poucos meses despois o GCR organizou unha proba internacional, no noso pobo, da Organización Internacional de Rescate e non houbo presenza institucional algunha.

Outro tema discordante foi a furgoneta que en teorí­a era destinada á GCR, que foi presentada sen a nosa presenza fixo este mes un ano, coa promesa de equipala para a unidade canina, e está aí para ver que segue igual que veu de fábrica. Sen mencionar que en contrapartida desta suposta inversión que o concello fará dentro do vehí­culo en beneficio do GCR, se lle regalou unha furgoneta propiedade da agrupación de voluntarios, que pasou a formar parte da flota de obras, cuestión facilmente demostrable tamén.

O tema campionato do mundo tamén xerou problemas, posto que cando se propuxo se informou tamén de que se dispoñía de financiación privada para o viaxe, xa que numerosas empresas locais nos mostraron o seu apoio económico, pero o concello prometeu sufragar os gastos, cuestión que finalmente non se materializou e houbo que xustificar os gastos (moi lonxe dos 5.000 euros argumentados en prensa) dentro da subvención da agrupación para poderllos devolver ós guí­as que os adiantaron, e así­ dous anos consecutivos.

Se ben é certo que o Concello outorga unha subvención á agrupación (que se veu reducida drasticamente en 15.000 euros hai uns anos), esta está destinada a outros gastos da agrupación e da unidade que son obxecto do convenio firmado, no cal non se contempla o campionato do mundo senón somentes o gasto non inventariable de mantemento xeral da unidade que xunto coa aportación da Xunta de Galicia é claramente insuficiente. Feito tamén facilmente probable e recoñeecido polas autoridades en numerosas ocasións.

O mencionado convenio tamén implica que o concello facilite ós guías traballadores da casa horas para a actividades do GCR como feito altruí­sta que reverte na sociedade, pero se incumpre en numerosas ocasións de forma inxustificada e sempre co mesmo guí­a co que xera un agravio comparativo dentro da unidade e malestar xeral por tal inxustiza.

Estas razóns e outras tantas que non se poden demostrar con tanta facilidade como problemas de comunicación, subministro de vestiario, retardo nos pagos a provedores, descoñecemento da composición da nova directiva, mala coordinación de actividades solicitadas que empanan a imaxe da unidade, etcétera, leváronnos á situación actual, na que non queremos nomear responsables, senó³n que cada un reflexione sobre os feitos e asuma a súa culpa, da que nós algunha tamén teremos, que non somos perfectos.

Finalizamos co desexo de que alguén poida retomar esta preciosa labor e seguir o noso testigo dando continuidade a este proxecto que posibilitou na súa longa andadura localizar a 18 persoas desaparecidas e colaborar en centenares de búsquedas como valiosa ferramenta.

Solo nos queda o agradecemento a TODOS os que formaron parte deste vocacional e altruísta proxecto, tamén a aqueles que de un xeito ou outro nos apoiaron, nos facilitaron a nosa labor, nos acompañaron, confiaron en nós, nos formaron, nos patrocinaron... perdoade por non nomearvos porque fostes moití­simos e non acabari­amos máis.

Un recordo especial para as nosas amizades e familias ás que lles roubamos miles de horas pola causa e sobre todo a maior mención para os nosos cans, que sen eles nada de isto sería posible.