Reprograman o Correlingua para o martes 31

La Voz

A ESTRADA

Fora cancelado pola choiva

26 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Correlingua cancelado na Estrada o pasado día 12 por mor da choiva foi reprogramado polos organizadores para o vindeiro martes. Non obstante, a celebración dependerá das previsións meteorolóxicas, que en principio auguran sol para a xornada do 31.

O programa desenvolverase segundo o previsto. Participarán 2.000 escolares de once centros educativos da Estrada, Silleda e Forcarei. Da Praza da Feira partirá ás 11.00 horas un percorrido polas rúas da vila. Ás 12.00 está prevista a lectura dun manifesto na Praza da Feira. Acto seguido ofrecerá un concerto O pito de Pikasso e haberá unha solta de globos para espallar a mensaxe a prol do galego.