Socade organiza un novo concurso nacional de cabalos árabes para Pascua

La Voz

A ESTRADA

miguel souto

A feira estradense volverá a contar con unha proba

04 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A feira de Pascua da Estrada volverá a contar cunha proba do concurso morfolóxico nacional de cabalos Pura Raza Árabe organizado pola Asociación Española de Criadores de Caballos Árabes (Aecca). Detrás deste evento estará a Sociedade Cabalar Estradense (Socade) para ter todo listo e disposto para que esta competición se poida desenvolver con total normalidade o sábado 11 de abril no recinto feiral da parroquia de Guimarei.

Esta será a segunda ocasión na que A Estrada acollerá unha proba deste nivel, e como xa pasara o ano anterior o xurado estará á altura da mesma. Su Alteza Real Teresa de Borbón, Marquesa de Laula e curmá de Xoán Carlos I, visitará de novo o concello para xulgar aos participantes xunto con María Pilar Cavero, natural de Tarragona que está a traballar nos Emiratos Árabes con cabalos de xeques. Ademais na xornada seguinte, o domingo 12 de abril, tamén volverá a organizarse un campionato de cabalos de Pura Raza Española.