Fesanpas organiza charlas para pais e nais durante os vindeiros meses

La Voz

A ESTRADA

Serán impartidas en A Estrada por el psicólogo Carlos Vila

04 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Federación de Nais e Pais de Alumnos da Estrada (Fesanpas) ten preparadas para os vindeiros meses diferentes xornadas coñecidas como «Encuentros Dinámicos de Educación en Positivo» dirixidos a pais e nais que estean adscritos a calquera ANPA dos centros educativos da Estrada. As charlas estarán impartidas polo psicólogo Carlos Vila, e está previsto que se realicen na aula da Fundación Cultural no edificio de usos múltiples. A primeira será o vindeiro luns, comezará as 20.00 horas e titúlase ¿Autoridad en casa o la necesidad de puntos de referencia?, neste caso está dirixida a pais e nais de alumnos de infantil e primaria, pero tamén haberá charlas para os que teñan fillos cursando en secundaria.

Por outra banda hoxe reuniranse con Podemos para falar da situación da educación.