Gres lembrou a Neira Vilas no cabodano do seu pasamento

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

A Fundación que leva o seu nome acolleu onte a presentación dun número especial da revista Raigame adicado ó escritor

28 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte cumpríase un ano do pasamento de Neira Vilas. A Fundación que leva o seu nome volveuse a encher de veciños, nenos, familiares e amigos para celebrar un acto na súa memoria. Nel os directores da revista Raigame presentaron un número especial adicado o escritor. Nela o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, lembraba que «Neira Vilas foi autor tamén dunha nada desdeñable e ben lograda obra poética» apuntando que estreouse como creador, na década dos 50, «coa publicación de poemas soltos en revistas bonaerenses de vea galeguista». Este número 39 de Raigame completa outro, tamén adicado integramente a Neira Vilas, o 35 que veu a luz en novembro do 2011. As súas páxinas reprodúcense tamén nesta nova publicación. Luís Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, subliñou a inmensa pegada e a inmensa obra que deixou o escritor de Vila de Cruces. A Fundación non deixa, máis aínda nestas datas de cabodano, de recibir a diario mostras de agarimo.

Onte o espírito de Pepe Neira seguía en Gres. Alí estaban, acompañando aos membros da Fundación, Valentín García, Manuel Doval da Deputación de Ourense, os directores de Raigame Xúlio e Mariló Fernández Senra, o alcalde de Vila de Cruces, Carlos Seijo, director do documental Espantallo amigo que se proxectou durante o acto e o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo entre outros.