«En Deza o ámbito agrario é moi forte; había un tecido téxtil e da construción de mobles pero foi deteriorándose»

carmen garcía de burgos PONTEVEDRA / LA VOZ

DEZA

Ramón Vidal Trigo acaba de ser reelexido secretario comarcal da UXT

22 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ramón Vidal Trigo (Noia, 1962) acaba de ser reelexido secretario comarcal da UXT nunha asemblea onde Deza pasou a depender de Pontevedra, despois de pouco tempo vencellada a Santiago.

-¿Non hai máis candidatos ou fíxoo moi ben?

-Eu prefiro interpretar que non o fixen mal. Tampouco é que o fixera moi ben, porque creo que hai moitos obxectivos que non puidemos concluír, e que é necesario continuar. Pero as circunstancias de UXT na comarca de Pontevedra e Arousa melloraron. Non tanto como quixéramos, está ben ter uns obxectivos ambiciosos, pero hai que saber que son graduais e que sempre hai un máis. Lembro que cando empecei nestas tarefas de secretario xeral de maior amplitude trazábanse os obxectivos, e pensei que en canto chegara alí xa estaba, e dinme conta de que non, de que é como o mar, que vas andando e, a medida que vas afondando, vas atopando máis mar e máis necesidades. Intentas abarcar o máximo posible, porque todo é imposible.

-¿Que prioridades ten para este mandato?

-En canto a Arousa e Pontevedra, continuar afondando. Xa teño un maior coñecemento de Arousa. Cada comarca ten unhas peculiaridades, unha idiosincrasia, marcada a de Arousa por un tecido vencellado ao mar; e o de Pontevedra é máis administrativos, de servizos; en cambio na de Deza o ámbito agrario é moi forte, e todas as industrias están moi vencelladas. Si había un tecido téxtil e da construción pero referido á construción de mobles. Era importante, pero foi deteriorándose, e segue habendo algo e estando aí. O da construción do moble parece que está collendo outra vez máis osíxeno, e do téxtil mantense e contense, pero quedou moi tocado.

-¿Que necesidades ten cada unha das comarcas?

-Estabilidade, sobre todo laboral, en Pontevedra. En canto a Arousa, ten unha parte de estabilidade laboral, e outra de permeabilidade da representación sindical naquelas empresas nas que está tendo maiores dificultades.

-¿Son hoxe os sindicatos máis necesarios ca nunca?

-Si, máis ca nunca. Había determinados establecementos, como dogmas, e dábanos a impresión de que determinadas conquistas ía ser imposible que nolas botaran abaixo, como unha tan grande como a representación, a negociación colectiva. Ou que un convenio colectivo non se puidera levar a acabo, non fose efectivo. E vemos que non, que regulamentariamente as políticas actuais de neoconservadoras van a por todas as garantías laborais. E non por un beneficio social, non nos enganemos, é por un beneficio propio, un egoísmo que se traslada á situación social que estamos a vivir, entre as clases que teñen dificultades e outras que non chegan a fin de mes. A nova situación abusa da elevada

oferta e a escasa demanda.

-¿Nótase que parte da indignación da xente acaba volcándose na clase sindical, ademais de na política?

-Somos os máis achegados, e ao selo, somos tamén aos que máis se nos vixía. Candos estás enfadado ao que máis lle reciminas é a ao que tes ao lado, xusta o inxustamente.