Un programa co galo como protagonista

La Voz

VILA DE CRUCES

14 dic 2014 . Actualizado a las 05:14 h.

O vindeiro domingo 21 o galo de curral será protagonista en Vila de Cruces. Ás 11 horas abrirase a venda de animais na praza de abastos, e á mesma hora comezará por segundo ano a exposición nacional de razas autóctonas na Praza da Igrexa, con más de 150 aves. Pola súa banda, ao mediodía iniciarse nunha carpa instalada na Praza do Concello a xornada culinaria de ecogastronomía, onde 19 restauradores de Cruces e toda a comarca ofrecerán degustacións gratuitas. As receitas editaranse nun folleto que se poñerá a disposición do público.