Un ano máis A Estrada rende homenaxe á poesía e aos poetas

Francisco Brea
fran brea A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Xosé Luna e José López foron os encargados de presentar a festa.
Xosé Luna e José López foron os encargados de presentar a festa. f. b. < / span>

A festa da palabra terá lugar no teatro Principal o vindeiro venres

21 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano máis, e con este xa van nove, a poesía terá o seu propio día na Estrada. O próximo venres 28 a partir das 20.00 horas o teatro Principal acollerá a todo aquel que quiera mostrar as súas habilidades á hora de recitar. Ao comezo desta Festa da Poesía farase entrega do premio Avelina Valladares, que este ano recaeu sobre o xoven escritor de Chantada Rafael Lobelle, quen tamén será o encargado de dar o pregón.

Esta novena festa da poseía terá sempre presente a dúas persoas que faleceron este ano. A profesora María Porto Puente e o fundador do clube de fútbol Pájaro Azul, actual Sporting Estrada, Manuel Regueiro, terán o seu merecido recoñecemento. Pero está é como dixo Xosé Luna «unha festa da palabra» e quen o desexe poderá facer uso dela. Para iso deberá de anotarse previamente chamando ao número de teléfono 698 180 551 como moito ata o día antes do acto para que poida ter unha boa organización. Se miramos cara atrás o habitual é que máis de 100 persoas participen, grandes e pequenos. Os maiores como é habitual serán os encargados de comenzar e os que primeiro den lectura ao seu escrito.

Dende a organización desta IX Festa da Poesía da Estrada animan a todos os veciños e veciñas a participar e a achegarse ata o teatro para disfrutar dun evento que contará ademáis coa actuación musical do cantautor Manoele de Felisa e que estará presentado por Rocío Calviño.