«Non me obsesiona o gol, o que me preocupa é xogar ben»

m. garcía a estrada / la voz

DEZA

28 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O xogador do Estudiantil Jorge Colón saeu dende o banquillo e en menos de media hora firmou un triplete, sendo o protagonista do triunfo ante o Dumbría, a maior goleada deste curso dos celestes.

-Este é o seu segundo hat-trick co Estudiantil...

-Si. O ano pasado marquei un e este ano outro, que aínda non marcara e, a primeira vez que fagi, de tres en tres...

-¿É máis especial o deste ano po estrearse como goleador na tempada e, ademais, fíxoo despois de saír dende o banquillo?

-Igual foi máis especial o do ano pasado porque era a primeira vez que o marcaba. Por saír do banquillo tampouco nada. Todo o contrario, porque saes desgustado porque queres xogar máis.

-O primeiro foi de penalti, ¿con cal deles se queda?

-O primeiro foi de penalti, o segundo foi un pase malo deles atrás, deixáronme diante do porteiro, apartei un pouco cara un lado porque quedou saíndo e marquei a portería vacía. O terceiro foi un pase de Iván moi bo desde o medio campo, controlei e piqueille un pouco o balón ao porteiro. Penso que o terceiro foi o máis bonito.

-Este segundo hat-trick en menos dun ano, ¿dalle máis confianza?

-O tema dos goles non é algo que me preocupe moitísimo porque non me considero un xogador goleador que marque moitos. Nos últimos anos estou mellorando neso e si que é importante que marque goles, pero salgo máis contento facendo outras cousas ben: xogar ben, ter o balón, facer bos pases... O tema dos goles, ademais, este ano estou xogando máis na banda que de media punta e dianteiro, entón tamén me é máis complicado chegar ao gol. Non é algo que me obsesione, nin moitísimo menos, o que me preocupa é xogar ben.

-Xa a nivel de equipo, o Estudiantil marcou catro goles ante o Dumbría nun ano que lle estaba costando. ¿Pode significar un punto de inflexión?

-O importante é xogar ben, que o equipo crea ocasións. Pese ao 4-0, a semana anterior fixemos o mellor partido do ano e acabamos empatando a cero xogando contra un equipo que ía segundo (Mugardos), no seu campo e fomos moi superiores. A partir dese partido creo que foi o que nos fixo dicir ?se estamos ben, plantámoslle cara a calquera e somos superiores se facemos as cousas ben?. Neste partido, fíxose un bo partido pero, ás veces, os goles... Puxémonos por diante, despois o contrario sae un pouco máis arriba, deixa máis espacios e cando metes un, dous... xa é máis fácil meter o terceiro e o cuarto porque foron en poucos minutos eses goles. O importante é ver que o equipo xoga ben. Porque ata ese partido do Mugardos estabamos facendo algún partido bo, pero outro moi malo outro regular, outro un pouco mellor... A ver se agora xa collemos esa regularidade de estar mellor.

-Agora, colócanse aí cerca da loita...

-Si. Onde temos que estar, zona tranquila non tendo apuros por abaixo e se se pode intentar mirar para arriba, ben, e senón se podemos quedar entre os oito-seis primeiros é un posto bastante digno.