«O que máis me gusta é andar polo monte e ver os animais»

R. Ramos Lalín / La Voz

SILLEDA

19 oct 2014 . Actualizado a las 05:20 h.

Mateo Velay é un dos socios máis xoves da asociación de Caza e pesca de Silleda. Ten dezaseis anos e estuda carto de ESO no instituto Pintor Colmeiro de Silleda. De momento cazar non vai poder porque lle falta pasar o examen correspondente.

O pai acaba de inscribilo como socio na agrupación. Hoxe ten previsto voltar a saír o monte con seu pai, Luis Velay. Conta que o que máis lle gusta é «andar polo monte e ver os animais». O seu pai caza coello e lebres e normalmente vai solo. Ir con el lle supón saír da casa as sete da mañá un domingo. Algo que seguro que a maioría dos da súa idade non lle resultaría nada atractivo.

Recoñece que dos seus compañeiros ningún é afeccionado á caza nin lle tira este deporte, pero a el si lle gusta saír cos cans polo monte e «disfrutar da natureza porque a ves doutra maneira». Hoxe sairá pola zona de Xestoso, que xa coñece de ir con seu pai. E respecto a tempada cre que «moito coello non hai».

campaña cinegética