hoxe demostración do delubado, restrelado e espadelado Recuperando un traballo dos ancestros, o fiado do liño

La Voz

DEZA

O museo acolleu demostracións de semellantes características en anos anteriores.
O museo acolleu demostracións de semellantes características en anos anteriores. miguel souto< / span>

18 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Casa do Patrón de Doade (Lalín) celebrará unha ampla demostración do fiado do liño, aberta a todos os públicos, co gallo de dar a coñecer e tentar recuperar «unha labor de antaño que hoxendía está desaparecida. Nós sementamos o liño, o recollemos, e agora -xa que posuimos no museo unha exposición completa dos aparellos que se usan neste proceso- dámoslle vida para que os que nunca viron como se fai poidan asistir a esta demostración e os que xa a coñecen a poidan rememorar», explica a responsable de difusión do centro Amparo Blanco.

Para o desenvolvemento desta fía tradicional ata Doade se desprazarán unhas auténticas maestras neste proceso: as tecedeiras da parroquia de Zobra que irán amosando ao público os distintos procesos que hai que seguir ata chegar ao fío envolto no fuso. «Ven o mazado, que é cando se peta a palla contra unha lousa, logo se espadela, restrélase e antes é preciso delubalo. O máis complicado, polo menos dende o meu punto de vista, é cando se coloca a fibra na roca e hai que tirar, retorcer e enroscar no fuso todo coa mesma man para sacar o fío. Os que estamos aquí tentamos aprender pero non é nada doado. Precísas de moita destreza», dixo.

A xornada rematará cunha demostración de tecido nun tear. Un fiado que era un traballo pero tamén unha festa, lembra Amparo Blanco, e por iso a tarde sabatina contará coas actuacións das cantareiras de Parada e de Zobra e dos gaiteiros Os Trasnos.

Museo Caso do Patrón de Doade

Día: hoxe sábado

Inauguración: Ás 16.00 horas